SALUDO


BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO 2020- 21

Esta é xunto coa aula da clase e a aula virtual outro recanto onde podemos atoparnos. Aquí podedes ver as vosas actividades máis lúdicas, as fotos e experiencias que iremos levando a cabo ao longo do curso. Non esquezades pasar de vez en cando, haberá algunha que outra sorpresa.

Vémonos!!!!



jueves, 30 de abril de 2020

LECTURAS

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO, 23 ABRIL DE 2020.

TODOS OS DÍAS HAI UN MOMENTO PARA COLLER UN LIBRO E VIVIR AVENTURAS.

Había unha vez unha clase de 3º onde aos nenos e nenas lles gustaba moito ler, calquer momento era bo para coller un libro. E así foi como nunha ocasión na que todos estaban a ler o mesmo libro, na mesma liña, e cando todos pronunciaron á vez a mesma palabra,  sucedeu que...

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS:

Mortina é o libro favorito de Ana.
Ainara prefire os de princesas.

Nico prefire de aventuras e xigantes.

Noa escolle os de princesas.

Ariadna e o seu fiel compañeiro prefiren o Diario de Greg.

A Noa tamén lle gusta o Diario de Greg.

Karla lelle a súa irmá sobre Mozas da Mitoloxía.

Candela prefire o Diario de Nikki e a súa irmá  Pequeño Poni

Ángela está rematando La niña invisible.

Este é o libro preferido de María José. RECOMENDADO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario